Coirós inicia a substitución dos contadores de auga por modelos de telelectura

ACoruñaXa
O cambio comezará o luns 9 de decembro e permitirá aos usuarios acceder a datos de consumo e alertas a través da oficina virtual
Imaxe da casa do Concello de Coirós
9 Dec 2024

O Concello de Coirós anuncia que a partir do luns 9 de decembro comezará a substitución dos contadores de auga convencionais por modelos de telelectura. Esta actuación será realizada pola concesionaria do servizo de abastecemento municipal, Espina&Delfín, e non implicará ningunha acción específica por parte dos usuarios, salvo en casos puntuais nos que sexa necesario modificar a localización dos dispositivos.

Os traballos, que serán levados a cabo polos operarios de Espina&Delfín, poderán xerar pequenos cortes no subministro de auga nos domicilios, de poucos minutos de duración, durante o proceso de substitución.

Os novos dispositivos permitirán aos usuarios acceder a información detallada sobre o seu consumo diario e recibir alertas por posibles fugas, entre outras vantaxes. Estes datos estarán dispoñibles a través da oficina virtual da concesionaria, accesible en www.espinaydelfin.com ou na súa plataforma de clientes. Para utilizar estas ferramentas, os usuarios deben rexistrarse mediante certificados FNMT ou cos datos indicados na súa documentación de cliente.

A campaña de substitución de contadores está cofinanciada pola Unión Europea e Espina&Delfín, destacando como unha iniciativa para modernizar o servizo de abastecemento e mellorar a eficiencia no uso da auga.

⚙ Configurar cookies
0.034074068069458