Coirós celebra mañá a XVII Festa do Pensionista
O Concello de Coirós celebra mañá e o venres clausúraa das actividades municipais culturais e deportivas correspondentes ao curso 2023/24. Os actos comezarán mañá a partir das 19.00 horas en salón de actos do centro social cunha actuación do Coro de Coirós.
O venres o complexo deportivo da Cortella acollerá o fin de curso das actividades deportivas ás 18.00 horas e da Escola de música e baile tradicional a partir das 19.00 horas. Segundo as información do concello de Coirós, este ano inscribíronse ao redor de 500 veciños nas actividades municipais, moitos dos cales son usuarios de varias actividades, tanto culturais como deportivas.
Festa do Pensionista O venres 7 de xuño o Concello de Coirós celebra a XVI Festa do Pensionista, un encontro festivo ao que están convidados todos os veciños maiores de 65 anos ou que perciben algunha pensión. Os actos celebraranse no pavillón polideportivo municipal da Cortella e darán comezo ás 13.30 horas cunha recepción oficial aos asistentes por parte do alcalde, Francisco Quintela e a corporación municipal.
Neste sentido, sobre as 14.00 horas comezará a comida de confraternidade que reunirá aos maiores e pensionistas do municipio. Tras a sobremesa será o momento do baile, ata que ao redor das 19.00 horas déase por concluído o encontro.
O Concello pon ao dispor un bus que recollerá a partir das 13.00 horas nos seus domicilios. O mesmo servizo levaraos de volta ás súas casas ao finalizar a xornada.
Desde o concello lémbrase que para poder asistir aos actos da XVII Festa do Pensionista, é necesario inscribirse no centro social municipal ata o martes 4 de xuño. Tamén se pode realizar a inscrición telefónica chamando ao número 981796088.