Cinco negocios da cidade gañan os 6.500 euros do concurso de escaparatismo de Samaín

ACoruñaXa
O Recuncho Floral, Nina Sardina e Tu Flori encabezan a lista de comercios premiados
Escaparate do Recuncho Floral
O Recuncho Floral na Coruña
4 Nov 2024

Cinco establecementos de A Coruña resultaron premiados no concurso de escaparatismo de Samaín, organizado polo Concello para impulsar o comercio local e celebrar unha festividade que medra cada ano na cidade. Os negocios gañadores desta edición, en orde de premiación, foron O Recuncho Floral, Nina Sardina, Tu Flori, Forever Young Estética e La Petite Arte Floral, repartíndose entre todos 6.500 euros en premios.

O Recuncho Floral acadou o primeiro premio, cunha recompensa de 2.500 euros, mentres que Nina Sardina e Tu Flori obtiveron o segundo e terceiro postos, cun premio de 1.500 e 1.000 euros, respectivamente. A lista complétase con Forever Young Estética e La Petite Arte Floral, que recibiron 750 euros cada un.

Segundo a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, “o Goberno de Inés Rey busca dinamizar a economía local a través de iniciativas como este concurso, incentivando á cidadanía a apoiar o comercio de proximidade.” Este ano, máis de cen establecementos participaron na competición, decorando os seus escaparates desde o 15 de outubro para atraer ao público e dar vida á ambientación de Samaín na cidade.

Un xurado visitou cada local participante e puntuou os escaparates de 1 a 10 segundo criterios como a orixinalidade, complexidade, estética e relación coa festividade. O concurso de escaparatismo forma parte das actividades impulsadas polo Concello para celebrar o Samaín, que tamén incluíron desfiles, concursos de disfraces e obradoiros infantís, fomentando a participación cidadá e o apoio ao comercio local.

0.18839907646179