Chegan melloras para dúas estradas de Fontemaior cun investimento de case 87.000 euros

ACoruñaXa
Culleredo licita as obras de renovación do firme nas rúas Canceán e Río Chan para reforzar a seguridade viaria e o confort da veciñanza
CULLEREDO calle rio chan
2 Aug 2026

O Concello de Culleredo vén de sacar a licitación as obras de reparación de dúas vías da contorna de Fontemaior, na parroquia de San Estevo de Culleredo, cun investimento de 86.939,93 euros. A actuación conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS) 2025.

Os traballos centraranse nas rúas Canceán e Río Chan, dúas vías de carácter principalmente residencial cuxo firme presenta un notable deterioro debido ao paso do tempo. O obxectivo é mellorar tanto a seguridade da circulación como a comodidade das persoas residentes na zona.

As actuacións previstas variarán segundo o estado de cada treito da calzada e incluirán o fresado e reposición do pavimento, a eliminación de fochancas e o recrecido das capas do firme. Ademais, realizarase a limpeza das marxes das estradas e a posta á cota de pozos e arquetas.

O prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas permanecerá aberto ata o 7 de agosto.

Esta intervención forma parte do conxunto de proxectos que o Concello de Culleredo ten actualmente en fase de contratación para continuar renovando a rede viaria nas diferentes parroquias do municipio.

0.12074494361877