Celebrouse o 5º encontro 'A igualdade, un activo para a empresa', organizado pola CEC e co apoio da Xunta

ACoruñaXa
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou no evento e a delegada da Xunta, Belén do Campo, foi a encargada de clausurar a xornada
Igualdade-Empresa-A-Coruña
11 Out 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na apertura do 5º encontro 'A igualdade, un activo para a empresa', organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña e apoiado pola Xunta.

Alí, apostou por unha igualdade de oportunidades real no mercado laboral, coñecendo as medidas incentivadoras que existen e sorteando as posibles barreiras e dificultades que se poden atopar á hora de implantala.

Na súa intervención, o secretario xeral centrouse especialmente nos apoios á igualdade laboral promovidos polo Goberno galego, como as axudas comprometidas para os primeiros 100 días de goberno destinadas a impulsar a contratación feminina en ocupacións masculinizadas, especialmente en sectores tecnolóxicos e industriais de alto valor engadido. Tamén se orientaron á adaptación dos espazos ou dos postos de traballo nas empresas de cara a garantir a igualdade laboral.

Así mesmo, referiuse ao programa Lideramos que se clausurou coa entrega de diplomas a preto de 150 mulleres participantes nesta iniciativa formativa centrada no impulso ao talento e liderado femininos, así como na mellora profesional e na xestión de equipos.

Tamén á campaña Ti elixes, para promover con charlas nos centros de secundaria a elección de profesión sen atender a prexuízos de xénero. A maiores, Fernández mencionou o Campus en liña de igualdade laboral con máis de 6.000 persoas usuarias, que impulsa accións gratuítas de formación e sensibilización para promover a igualdade no eido do traballo.

Pola súa parte, a delegada da Xunta, Belén do Campo, foi a encargada de clausurar a V edición da xornada. A delegada explicou que Galicia conta cun marco legal no que encaixan as medidas xa implantadas como a nova Lei de Igualdade.

A comunidade galega é a primeira administración do Estado en regular este concepto, co que aspira a modernizar e revolucionar a cultura empresarial con base nos valores ambientais, sociais e de gobernanza que están a rexer os mercados a nivel mundial.

Belén do Campo referiuse tamén a medidas máis concretas como a posta en marcha, por primeira vez este ano, dun plan, pioneiro en España, de formación e contratación de mulleres en ocupacións laborais masculinizadas cun investimento de 1,7 millóns de euros.

e lembrou a eficacia do programa Emega, de impulso ao emprendemento femenino que en 2024 conta cun orzamento histórico de 5 millóns de euros a maior cuantía da historia desta orde de axudas.

A representante do Goberno autonómico destacou que Galicia conta co VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que constitúe o instrumento guía que marca o rumbo das políticas de igualdade no horizonte 2027, con 900 millóns de euros de orzamento.

A delegada da Xunta reiterou o compromiso do Goberno galego para “lograr entre todos que a igualdade de oportunidades non sexa só unha cuestión de xustiza social, senón unha necesidade para construír ambientes laborais máis equitativos, eficientes e prósperos”.

0.20099997520447