Cartas, premios gastronómicos e petiscos para unha noite de tute en Présaras

ACoruñaXa
A Comisión Présaras 2026 convoca o campionato o sábado 7 de marzo, desde as 19.00 horas, no pavillón municipal, con partidas por parellas a 30 puntos e un mínimo de 20 parellas inscritas.
VILASANTAR tute
3 Mar 2026

O pavillón municipal de Présaras (Vilasantar) acollerá o sábado 7 de marzo unha nova cita para a afección á baralla. A Comisión Présaras 2026 impulsa un campionato de tute que se xogará por parellas, con partidas a 30 puntos e coa condición de reunir, cando menos, 20 parellas para garantir a celebración.

A organización aposta por un formato pensado para facer comunidade e alongar a xornada máis alá do xogo, coa promesa de ‘pinchos a fartar’ durante toda a noite.

No apartado de premios, haberá recompensas de corte gastronómico para os tres primeiros clasificados: o primeiro levará dous xamóns, dúas botellas de viño e dous queixos; o segundo, dúas botellas de viño e dous lacóns; e o terceiro, dous queixos e dúas botellas de viño. Ademais, tamén se inclúe repesca, con dous queixos para o primeiro premio e dúas botellas de aceite para o segundo.

Para formalizar a inscrición, a comisión facilita contacto directo cos seus membros: Diego (651 860 858), Lucía (638 915 519), Fran (666 914 463) e Sergio (638 453 723).

0.11965298652649