Carral sinaliza o percorrido da Ruta da Auga con fondos europeos

ACoruñaXa
A sinalización ambiental busca conservar e promover a Ruta da Auga, fomentando o lecer responsable e a sensibilización ecolóxica entre os visitantes
Señalización Ruda da Auga en Carral
22 Out 2024

O Concello de Carral dará un novo paso para poñer en valor o seu patrimonio natural co inicio da sinalización ambiental da Ruta da Auga, unha iniciativa que conta cunha subvención do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). A través das concellarías de Medioambiente e Turismo, levarase a cabo este proxecto que busca fomentar a conservación e recuperación das zonas naturais do municipio, así como promover o lecer responsable e a sensibilización ecolóxica.

A Ruta da Auga, que ten unha lonxitude de 9,3 km, atravesa as parroquias de San Vicente e Cañás, na contorna do río Barcés. Esta actuación enmárcase dentro do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia, que busca non só a sinalización senón tamén a mellora da accesibilidade e a preservación do entorno natural. Entre os obxectivos principais destaca a creación de un percorrido que permita aos visitantes disfrutar da riqueza ambiental e cultural da zona.

A instalación dos elementos de sinalización incluirá catro mesas informativas equipadas con códigos QR que ofrecerán información sobre a flora e fauna local, así como sobre a historia e a importancia ecolóxica da ruta. A primeira fase do proxecto realizarase durante este ano 2024, mentres que a segunda fase, prevista para o ano próximo, incluirá a incorporación de diferentes pezas informativas que complementarán a sinalización existente.

Entre as funcións medioambientais desta actuación destaca a sensibilización dos visitantes sobre o espazo natural, fomentando unha actitude responsable cara ao medio ambiente e promovendo o coidado das especies e dos seus hábitats. A iniciativa tamén busca atraer o turismo sustentable, permitindo que os visitantes conecten coa natureza e co patrimonio cultural da zona.

0.095017910003662