Carral publica as actividades do programa cultural 'CultuRúa' deste verán

ACoruñaXa
Volven ao municipio actividades de teatro, circo, danza, cine, música e monicreques, que pasarán polo Campo da Feira de Carral
Imaxe do cartel do Culturúa
Imaxe do cartel do Culturúa
9 Xuño 2024

Coa chegada do verán o Concello de Carral pon en marcha o programa cultural CultuRúa.

Deste xeito, volven ao municipio actividades de teatro, circo, danza, cine, música e monicreques, que pasarán polo Campo da Feira de Carral para animar a tempada estival de todas as idades.

A primeira será o xoves 13 de xuño cun espectáculo 'A Utopía Rodante' do Centro Dramático Galego e Teatro ó Cubo ás 18.00 horas. Mentres que o 28 de xuño terá lugar un cine ao aire libre coa proxección de 'O Corno' ás 22.30 horas.

Xa no mes de xullo, terá lugar o espectáculo de monicreques 'The Show Moscón' o 11 de xullo da man de Galitoon ás 18.00 horas.

O 8 de agosto haberá un espectáculo 'Pomper' de burbullas xigantes ás 18.00 horas. O 22 de agosto ás 18.00 horas o colectivo de danza O Globo interpretará 'Alleo'. Mentres que o 19 de agosto visitará o municipio un circo co 'O Show de Fifo'.

Xa en setembro, o día 3 haberá por un lado o contacontos musical 'Cantando con Pinocho' ás 18.00 horas e a proxección de 'Cuñados' en cine ao aire libre ás 22.30 horas.

Carral rúa
0.17837500572205