Carral mellorará a seguridade viaria na estrada de O Quenllo cunha inversión de máis de 225.000 euros

ACoruñaXa
O proxecto prevé ampliar a plataforma, renovar o firme, crear cunetas de seguridade e mellorar a sinalización nun vial próximo ao polígono de Os Capelos
carral-mellora-estrada-o-quenllo
23 Jul 2026

O Concello de Carral sacou a licitación un novo proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada de O Quenllo, unha actuación que contará cun investimento de 225.222,52 euros financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

A intervención ten como finalidade renovar o pavimento, ampliar o ancho da plataforma e executar cunetas de seguridade para mellorar as condicións de circulación nunha vía que soporta un importante volume de tráfico pola súa proximidade ao polígono industrial de Os Capelos.

Segundo explica o Concello, a estrada presenta un notable deterioro debido ao paso do tempo e ao intenso uso, ademais de contar cunha calzada de dimensións reducidas.

O proxecto contempla a execución de cunetas de seguridade nos dous marxes ao longo dos primeiros 550 metros do trazado, con anchuras variables. Neste treito tamén se instalarán lombos para reducir a velocidade dos vehículos ao tratarse dunha zona habitada.

Na parte da estrada que discorre polo monte aproveitarase o sobreancho existente para ampliar a plataforma ata alcanzar unha anchura total de seis metros. Unha vez rematadas as obras, completarase a actuación coa instalación da sinalización correspondente e, nos puntos con menor iluminación, colocaranse captafaros para reforzar a visibilidade.

O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, sinala que “La mejora de la red de caminos municipales es una inversión muy necesaria, y poco a poco vamos llegando a todas las zonas que lo necesitan”.

0.11821889877319