Carral impulsa a inclusión dixital das persoas maiores con cursos gratuítos de iniciación á tecnoloxía

ACoruñaXa
Os obradoiros, dirixidos a maiores de 60 anos, celebraranse do 9 ao 12 de marzo en horario de 10.00 a 13.00 horas e a inscrición poderá facerse ata o mércores 18 de febreiro
rexistro-xeral-ordenador-informatica
11 Feb 2026

O Concello de Carral porá en marcha o vindeiro mes de marzo uns cursos formativos gratuítos de iniciación á tecnoloxía co obxectivo de achegar as persoas maiores de 60 anos ao mundo dixital. A proposta busca que este colectivo gañe autonomía e confianza no uso de Internet dun xeito útil, proveitoso e seguro, facilitando así a súa participación na vida diaria nun contexto cada vez máis tecnolóxico.

Os talleres impartiranse en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, entre o luns 9 e o xoves 12 de marzo. As prazas son limitadas.

As inscricións estarán abertas ata o mércores 18 de febreiro. Poderán formalizarse de maneira presencial na planta 2 do edificio Toñito Espiñeira, de 9.00 a 14.00 horas, ou por teléfono no 981 61 35 20.

⚙ Configurar cookies
0.08151388168335