Carral esixe a renovación urxente da depuradora do Quenllo

ACoruñaXa
O alcalde denuncia a contaminación constante do río Brexa, que afecta á ría do Burgo
Depuradora Carral
23 Dec 2024

O alcalde de Carral, Javier Gestal, urxe á Xunta de Galicia a acometer a renovación inmediata da depuradora do Quenllo, unha infraestrutura esencial para a saúde pública e o medio ambiente do municipio. A instalación, obsoleta desde hai anos, contamina de forma continuada o río Brexa, afluente do Mero, que desemboca na ría do Burgo.

Gestal destaca que esta situación non só prexudica a veciñanza de Carral, un municipio de preto de 7.000 habitantes, senón que tamén afecta á calidade ambiental de toda a comarca. "Non podemos tolerar que a administración autonómica manteña esta deixadez nun asunto tan prioritario", afirmou.

Desde o Concello, instan á Xunta a actuar con celeridade para garantir unha depuración eficiente e evitar maiores danos ecolóxicos.

0.15885186195374