Carral abrirá as súas Escolas Municipais en outubro con 40 actividades diferentes

ACoruñaXa
O prazo de inscrición para estas actividades está aberto ata o 18 de setembro.
Imaxe recurso deportes
9 sep 2024

Carral comezará en outubro o curso 2024-2025 das Escolas Municipais, cunha oferta que abarca unhas 40 actividades promovidas polo Concello e por diversas asociacións locais. A programación inclúe opcións deportivas, culturais, educativas e de servizos sociais para todas as idades.

As actividades propostas son:

  • Atletismo, ximnasia rítmica, patinaxe e xudo: para nados en 2020 e anos anteriores.
  • Equitación: para maiores de 7 anos e adultos.
  • Baloncesto: a partir de 6 anos.
  • Pádel: a partir de 8 anos.
  • Zumba: para persoas a partir de 12 anos.
  • Ximnasia de mantemento: tanto en Carral como nas parroquias.
  • Actividades escolares: servizo de madrugadores, robótica, debuxo e pintura, Fun English, informática, baile moderno e cociña divertida.
  • Escola Municipal de Música: incluíndo música e movemento, piano, guitarra, batería, entre outros.
  • Fútbol sala e balonmán: da man da U.D. Carral.
  • Tiro con arco e tiro olímpico: organizados polos Arqueiros do Adarve e o Club de Tiro Olímpico de Carral, respectivamente.
  • Actividades complementarias: como risoterapia/baile animación, pilates-ioga, guitarra e cociña infantil, organizadas pola AA.VV. Río Barcés.
  • Bailes latinos en liña, costura, corte e confección, calceta e gancho, ioga: organizados pola Asociación Mulleres Rurais.
  • Música tradicional, pandeireta, teatro e labores: da man da AA.VV O Rueiro de Tabeaio.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de setembro ou ata cubrir as prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden anotarse presencialmente na Casa da Cultura, a través da sede electrónica ou na sección de Escolas Municipais da páxina web. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. As actividades comezarán na primeira semana de outubro.

0.18932414054871