Carral abre inscrición para dous obradoiros gratuítos sobre saúde infantil e alimentación segura

ACoruñaXa
As sesións serán o 25 de marzo e o 8 de abril en horario de mañá, con prazas limitadas e matrícula dispoñible ata o 18 de marzo
CARRAL cursos
21 Feb 2026

O Concello de Carral organiza dous novos talleres formativos de balde centrados na saúde e na alimentación no fogar. A programación inclúe unha sesión de primeiros auxilios pediátricos e outra sobre manipulación de alimentos na casa, ambas en horario de mañá e con prazas limitadas.

O taller de primeiros auxilios pediátricos celebrarase o mércores 25 de marzo, de 10.00 a 12.30 horas, coa intención de ofrecer pautas básicas de actuación ante incidencias e situacións de urxencia con menores. A segunda cita será o mércores 8 de abril, de 10.00 a 13.30 horas, e abordará recomendacións e boas prácticas para unha manipulación segura dos alimentos no ámbito doméstico.

As inscricións para os dous obradoiros poderán formalizarse ata o 18 de marzo, a través do correo eduacion@carral.es ou chamando ao 678338872.

0.082559823989868