Cambre suspende a celebración da romaría Galaicoi 2025

ACoruñaXa
A razón, explican dende o Goberno municipal, débese aos problemas económicos que arrastra o Concello
paz asinada entre castrexos e romanos na galaicoi coruña
Galaicoi
15 May 2025

A alcaldesa de Cambre, Diana Piñeiro, anuncia que o seu Goberno decidiu suspender a celebración da edición deste ano da romaría Galaicoi debido aos problemas económicos que arrastra o Concello desde hai anos.

Ante as críticas recibidas nos últimos días por parte de Unión por Cambre (UxC), Piñeiro insistiu en que a prioridade do novo executivo local é garantir, na medida do posible, o bo funcionamento dos servizos básicos aos que ten dereito a veciñanza.

“Desde o primeiro día marcamos unhas prioridades que queremos cumprir. Herdamos unha situación dantesca duna concello arruinado que nos impide, entre outras cousas, ter algo tan simple como un operario, un vehículo e area para cubrir unha simple fochanca”, explicou a rexedora, quen subliñou que a ela, igual que ao resto de veciños, gustaríalle poder celebrar a Galaicoi.

Neste sentido, a popular, quen lembrou que se atopou con situación na que non existe nin un contrato, fixo fincapé na “necesidade” que ten o Concello de Cambre de frear a maneira de proceder que existiu durante os últimos anos. “O pouco personal que temos ten que centrarse en normalizar canto antes todos os contratos do municipio e logo poderémonos poñer a organizar festas”, apuntou Piñeiro, quen avanzou que está a traballar para poder incrementar o número de traballadores municipais.

Convencida de que a maioría da veciñanza entenderá a decisión adoptada polo seu Goberno, a rexedora lamentou que algún grupo político esqueza que a situación do Concello de Cambre é tan grave como que, explicou, as tendas non venden material ás diferentes brigadas municipais por non existir contrato e poder fiscalizar o que se compra.

“Por desgraza, Cambre non está para festas. Fai menos dun mes que tomamos as rendas do Goberno Local e centramos todos os nosos esforzos en ir dando pasos para afrontar as necesidades máis urxentes e non nos imos a saír dese camiño”, concluíu Piñeiro.

⚙ Configurar cookies
0.15218806266785