Cambre reorganiza o tráfico na Costa da Tapia polos avances nas obras de abastecemento

ACoruñaXa
Os traballos desenvolveranse entre o 2 e o 6 de febreiro con cortes puntuais e restricións de circulación para residentes
CAMBRE obras costa da tapia
3 Feb 2026

O Concello de Cambre vén de informar da planificación das obras de abastecemento na Costa da Tapia para a semana do 2 ao 6 de febreiro. Segundo explicou o goberno local, durante os últimos días rexistráronse atrasos na execución dos traballos como consecuencia das condicións meteorolóxicas adversas e da aparición de servizos soterrados non previstos, circunstancias que ralentizaron o ritmo da obra e xeraron máis molestias das esperadas á veciñanza.

Desde o Concello pediron desculpas polos inconvenientes ocasionados e detallaron a previsión de actuacións para os vindeiros días. O luns 2 de febreiro continuaron os traballos na glorieta, quedando prohibido o cambio de sentido en ambos sentidos, aínda que se manterá o xiro á esquerda en dirección a Cambre. Esta afección limitouse unicamente a esa xornada.

O martes 3 de febreiro actuarase no cruce da rúa Teresa Herrera coa vía principal, o que implicará o corte do tráfico agás para residentes. Como alternativa, habilitarase un desvío polo rueiro Luis Seoane, tamén só durante ese día.

Entre o mércores 4 e o xoves 5 de febreiro iniciarase a intervención no aparcadoiro situado entre os números 23 e 19, cunha duración estimada de dous días. Finalmente, o venres 6 de febreiro os traballos trasladaranse ao cruce da rúa Luis Seoane coa vía principal, onde se actuará a media sección e o tráfico quedará restrinxido exclusivamente a residentes.

O Concello agradece a comprensión da veciñanza e solicita extremar as precaucións na zona mentres duren as obras.

⚙ Configurar cookies
0.1389799118042