Cambre organiza un curso de monitor de tempo libre para 2025

O Concello de Cambre, a través do seu Departamento de Xuventude, organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre dirixido a aquelas persoas interesadas en formarse nesta área. O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 9 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025.
O curso desenvolverase do 1 de febreiro ao 24 de maio de 2025, cun programa que combina actividades prácticas e teóricas para capacitar aos participantes nas habilidades necesarias para a organización de actividades lúdicas.
As persoas interesadas poden consultar toda a información relativa a prezos, requisitos e contidos na aplicación da OMIX Cambre. Para máis detalles, poden tamén contactar cos servizos de xuventude situados na Casa Arrigada e Casa Palmeiras.