Cambre impulsa a creatividade veciñal cun concurso de decoración de Nadal
O Concello de Cambre, en colaboración coa Asociación Cambre Empresarial, organiza un concurso de decoración de Nadal para fomentar a creatividade veciñal e dinamizar o comercio local. A iniciativa está dirixida ás fachadas e xardíns de vivendas unifamiliares do municipio, cun premio total de 400 euros en bonos para gastar nos establecementos locais.
As persoas interesadas poden participar enviando un máximo de oito fotografías ou vídeos de ata un minuto de duración ao número de WhatsApp 611 08 36 98, acompañados de datos como nome, apelidos, teléfono, dirección e localización exacta. O prazo para presentar as decoracións estará aberto ata as 23:59 horas do 19 de decembro.
Os tres mellores deseños serán elixidos mediante votación popular na páxina web oficial do concurso, onde se exhibirán todas as propostas presentadas. Os premios consistirán en bonos de 250 euros para o primeiro posto, 100 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro.
Os resultados serán comunicados o 22 de decembro, data na que tamén se celebrará a entrega de premios na Casa da Cultura Vila Concepción. Tanto na web do Concello de Cambre como na da Asociación Cambre Empresarial publicarase a lista de gañadores. Con esta proposta, Cambre aposta por fomentar o espírito navideño e apoiar o comercio de proximidade.