Cambre celebra hoxe o VIII Encontro de Grupos Tradicionais

ACoruñaXa
O evento deste sábado se levará ao cabo no auditorio do Conservatorio de Culleredo ás 20.00 horas. A entrada é libre ata completar aforo
Imaxe recurso de tradición galega
Imaxe recurso de tradición galega
15 mar 2024

A escola de música e banda Sementeira Cambre reunirá este sábado 16 de marzo, a unha importante representación de músicos procedentes das Mariñas e do Baixo Miño. Farao coa organización do VIII Encontro de Grupos Tradicionais, que se levará ao cabo no auditorio do Conservatorio de Culleredo ás 20.00 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

Nesta nova edición do encontro cultural e musical, a agrupación cambresa contará coa colaboración de Treboada Baixo Miño. Como explican desde Sementeira, a cooperación deste grupo achegará “sonoridades e músicas diferentes á programación habitual do evento”.

A maiores, o público poderá gozar da música das agrupacións convidadas nesta oitava edición: Rueiriños de Nós, Barallocas da A.C. Amanexo. O acceso ao concerto é libre ata completar o aforo do recinto.