Cambre calebra este sábado 30 o II Encontro de Encaixeiras

ACoruñaXa
Cerca de 300 persoas participarán na xornada, que se celebrará a partir das 10:00 horas no pavillón municipal Sofía Toro
II encontro encaixeiras en cambre
29 Nov 2024

O Concello de Cambre, en colaboración coa Asociación Mulleres Rurais Antonia Dans, organiza este sábado, 30 de novembro, a segunda edición do Encontro de Encaixeiras. O evento terá lugar no pavillón municipal Sofía Toro e contará coa presenza de preto de 300 participantes, procedentes de distintos puntos de Galicia, como Cesures, Mos, Portonovo ou Camariñas, e incluso de Asturias.

A xornada desenvolverase en dúas sesións: de 10:00 a 13:30 pola mañá e de 16:00 a 19:00 pola tarde. O programa incluirá demostracións en directo de encaixeiras traballando nas súas creacións, exposicións de pezas elaboradas por artesáns e artesás, e un espazo para o café e a socialización.

Pola tarde, a Asociación Mulleres Rurais Antonia Dans organizará un sorteo no que se repartirán produtos gastronómicos e pezas artesanais feitas polas súas integrantes, pechando así un evento que busca poñer en valor a tradición e o talento artesanal da rexión.

0.17925786972046