Cambre abre as inscricións para o programa de conciliación 'Xogando no Nadal'
O Concello de Cambre lanza unha nova edición de 'Xogando no Nadal', un programa de conciliación deseñado para o período vacacional de Nadal, que este ano contará con 168 prazas. Dirixido ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, de todos os cursos de Primaria e de 1º de ESO, a iniciativa reforza o compromiso do goberno local coa conciliación familiar.
As actividades desenvolveranse no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre, distribuídas en dous quendas. A primeira cubrirá os días 23, 24, 26 e 27 de decembro, mentres que a segunda incluirá os días 30 e 31 de decembro, así como o 2, 3 e 7 de xaneiro. As familias poderán optar por unha ou ambas quendas, segundo as súas necesidades.
O programa inclúe actividades lúdicas, deportivas e culturais relacionadas co Nadal, complementadas con servizos como Mañanceiro, almorzo, comida e transporte, sempre que se alcance un número mínimo de inscricións.
As solicitudes poderán presentarse desde mañá, mércores 4, ata o luns 11 de decembro, a través da Sede electrónica ou nos rexistros municipais. Terán prioridade as familias empadroadas en Cambre e aquelas nas que os titores traballen no municipio.