Betanzos relanza as rutas turísticas polo río Mandeo a bordo da embarcación municipal 'Diana Cazadora'

ACoruñaXa
As persoas que estean interesadas deberán dirixirse á Oficina de Turismo para cubrir a inscrición e pagar as cotas das actividades
Imaxe da presa do río Mandeo en Chelo
14 Xul 2024

O Concello de Betanzos recupera o programa de rutas turísticas a bordo da embarcación municipal 'Diana Cazadora' desde o día 20 deste mes para o público en xeral con desprazamentos polo río Mandeo os martes e xoves, con horarios que dependerán das mareas. Ainda que, non estará dispoñible os días da Feira Medieval, e do 14 ao 25 de agosto coincidindo coas festas patronais.

A embarcación partirá todos os martes e xoves, ás 11.00 horas ou ás 17.00 horas, dependendo do día, desde o Paseo da Tolerancia. A primeira viaxe será o día 20 deste mes. Ao longo do percorrido, dunha hora e media, os e as participantes coñecerán aspectos da fauna e flora, a historia da cidade vinculada ao río; o cultivo do viño e distintos aspectos da Reserva da Biosfera, ata o campo de Os Caneiros.

A embarcación dará a volta cara a Betanzos, sen parar no campo, xa que non está incluída a visita a este.

As persoas que estean interesadas deberán dirixirse á Oficina de Turismo para cubrir a inscrición e pagar as cotas das actividades. O prezo da viaxe é de 5 euros para persoas adultas e 1 euro para nenos e nenas de catro a doce anos e o pagamento deberá realizarse en efectivo. Os e as menores de 4 anos poderán viaxar gratis. A capacidade máxima da viaxe será de 55 persoas. Para realizar a viaxe precísase un número mínimo de 10 persoas.

As persoas interesados poden inscribirse na Oficina de turismo, por Whatsapp no número 638 54 31 69, no enderezo electrónico turismo@betanzos.gal ou ben recibir máis información no teléfono 981 776 666.

 

CARTEL-RUTAS-GUIADAS-FLUVIAIS-3-scaled
0.18652486801147