Betanzos presenta no Fitur o 25º aniversario da Feira Franca Medieval

ACoruñaXa
A alcaldesa, María Barral, aproveitou a súa intervanción para pedir máis fondos ao Goberno para a recuperación do parque do Pasatempo
Pedro Blanco y María Barral Fitur 2024
26 Xan 2024

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e a alcaldesa de Betanzos, María Barral, apoiaron onte na Feria Internacional de Turismo (Fitur) a presentación da nova campaña de promoción turística do Concello de Betanzos para este ano 2024.

A campaña ten como elemento principal a conmemoración do 25º aniversario da Feira Franca Medieval de Betanzos. A primeira edil foi a encargada de presentar de presentar a campaña na que a feira será a protagonista a través dun anuncio que será compartido nas redes sociais do Concello con imaxes de escenas e acontecementos únicos da feira. Pedro Blanco felicitou á alcaldesa, María Barral, por esta presentación e destacou a cooperación que o Goberno e o Concello de Betanzos manteñen en distintos ámbitos relacionados co turismo, como na modernización do tecido turístico da vila e na restauración de elementos fundamentais do patrimonio betanceiro.

A maiores, a alcaldesa aproveitou a estancia no Fitur, durante a xornada inaugural, para exporlle a Turismo de España que habilite algunha partida para continuar coa recuperación do parque do Pasatempo a maiores da prevista de 1,5 millóns do Goberno  a través dos fondos  europeos, unha partida que a alcaldesa espera que se amplíe con outro proxecto, tamén presentado aos Next Generation vinculado a Turismo e que se centrará nunha nova fase do Pasatempo con actuacións tanto na parte histórica como na zona de xogos infantís.

0.19451212882996