Betanzos organiza un acto de homenaxe ao deporte feminino dentro do Mes da Muller

ACoruñaXa
O evento será este venres 15 ás 12.00 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo de Betanzos
Imaxe dunha muller con motivo do 8M
15 Mar 2024

O Concello de Betanzos apoia ao deporte feminino betanceiro cun acto de homenaxe dentro das actividades do Mes da Muller.

Este venres 15 ás 12.00 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Liceo terá lugar un acto de homenaxe ás deportistas betanceiras, con dúas actividades conectadas, e aberto ao público.

Por unha banda, a proxección audiovisual con fotografías de mulleres deportistas cedidas por algúns dos clubes deportivos da cidade, e con relatos e reflexións de mulleres pioneiras no deporte betanceiro, que forman parte do alumnado do Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva.

Por outra banda, unha Mesa redonda na que deportistas de distintas disciplinas achegarannos as súas experiencias profesionais e as súas historias de vida relacionadas co deporte

Esta xornada forma parte das actividades programadas no Mes da Muller, dentro da campaña municipal co gallo do 8M, 'As mulleres somos moito…no deporte betanceiro'.

Cartaz-8M-2024-696x985
0.19234204292297