Betanzos organiza nos colexios contacontos ilustrados sobre Luísa Villalta durante o mes de maio

ACoruñaXa
Polo Día das Letras Galegas 2024 'Polo correo do vento' leva aos centros de ensino unha actividade de contacontos ilustrado baseada en “Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta”
Imaxe do cartel do contacontos de Luísa Villalta
Imaxe do cartel do contacontos de Luísa Villalta
5 may 2024

O Concello de Betanzos organiza dentro do programa das Letras Galegas 2024 catro sesións de contacontos ilustrados sobre Luísa Villalta “Tinta de mar. Pequena biografía sobre Luísa Villalta” por conta de Polo Correo do Vento con Quique Mauricio e Carlos Taboada os días 6, 8 e 23 de maio para o alumnado de secundaria do IES Francisco Aguiar, o IES As Mariñas e o CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”.

Polo Día das Letras Galegas 2024 'Polo correo do vento' leva aos centros de ensino unha actividade de contacontos ilustrado baseada en “Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta”, publicación editada por eles a través de Lela Edicións. Nesta actividade, narrarán oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida da autora, e faremos un obradoiro de debuxo no que realizarán unha caricatura da escritora e violinista galega.

O Concello de Betanzos programa esta actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do IES As Mariñas, o IES Francisco Aguiar e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos está subvencionado pola Deputación provincial da Coruña e pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Contacontos-centros-de-ensino-6-e-8-de-maio-de-2024-scaled