Betanzos organiza este sábado o Campionato Galego de taekwondo cadete e sub 21

ACoruñaXa
Un total de 246 deportistas: 155 cadetes e 91 sub21 dáranse cita no municipio para desputar a competición
O concelleiro de deportes de Betanzos, Ricardo Cheda Faraldo xunto aos representantes do club Kwon na presentación do campionato galego de taekwondo cadete e sub 21
21 Mar 2024

Este sábado 23 de marzo celébrase en Betanzos o Campionato Galego Cadete e Sub21 de taekwondo. O evento será no pavillón municipal de Betanzos e contará coa participando dun total de 29 clubs das catro provincias galegas.

Deste xeito Betanzos será o punto de encontro dun total de 12 clubs pola provincia de A Coruña, 12 de Pontevedra, 4 de Lugo e 1 de Ourense, o que fan un total de 246 deportistas: 155 cadetes e 91 sub21.

Cabe destacar o impulso que está a coller esta modalidade en canto a participación feminina, pois roza a maioría en rapazas, tanto en cadete como en sub21. Dado o alto nivel galego no taekwondo nacional e internacional, entre os participantes atoparanse multitude de membros da selección española, campións de España en varias categorías e incluso medallistas europeos en cadete, junior e/ou sub21.

O equipo da localidade betanceira, o club Kwon, compite cun total de 15 deportistas: 11 en categoría cadete e 4 en sub21. En cadete, Julia Gómez, Arianna Deibe e Antón Quintero chegan como números 1 do ranking da súa categoría. As dúas primeiras xa conseguiron acudir coa Selección Galega Cadete ao nacional de seleccións o pasado ano, no seu primeiro ano cadete.

Na categoría de Arianna, (a de -44 kg) compiten tamén Sofía Rodríguez e Lía Carballido, as tres chegaron a completar o pódium dos campeonatos do ranking galego (RG) ata en catro ocasións, sendo ouro, prata e bronce no último.

Mencía Villar e Claudia Rilo comparten categoría con Julia, en -41 kg, e tamén sacaron medalla de bronce en varios torneos do RG esta tempada. Completan o equipo cadete Valentín Parga, Aintzane Vázquez, Antonio García e Miguel Fernández, estos 3 últimos sendo o seu primeiro ano pero xa cunha amplia experiencia en torneos.

En sub 21 son catro as representantes betanceiras. Laura Pernas é a máis veterana, chegando a ser subcampiona galega en categoría absoluta. Chega tras un ano parada por lesión, pero tras gañar os dous últimos torneos do RG, é unha das favoritas para levarse o galego. Emma García, Altagracia Gómez e Judith Chas, aínda junior, debutarán nesta categoría entre deportistas cun gran currículum nacional e internacional, pero sen descartar poder estar entre as medallistas.

Esta non é a primeira vez que Betanzos é sede dun campionato galego de combate, xa houbo varios torneos organizados polo club Kwon e o Concello de Betanzos, nas categorías junior, cadete ou escolar, mais esta é a primeira vez que se disputa no Municipal o campionato galego da categoría sub21.

Coa organización desta competición, Betanzos apostou e segue a apostar polo deporte, unha vez máis, acollendo a numerosos deportistas e familias, que veñen dende todos os puntos xeográficos da nosa comunidade, puidendo disfrutar das nosas instalacións, da nosa cidade, da nosa gastronomía, do noso casco histórico ou do noso patrimonio. Sen dúbida, será un éxito que porá unha vez máis a Betanzos como referente no deporte galego.

0.14659595489502