Betanzos organiza andainas por San André de Teixido e as Fragas do Eume

ACoruñaXa
Os participantes poderán explorar a natureza e a historia galega a través de rutas guiadas este outono
drow_male Fragas_del_Eume.004
26 Out 2024

O Concello de Betanzos pon en marcha para este outono as andainas interpretativas guiadas, unha iniciativa destinada a explorar e valorar as singularidades do medio natural, así como a flora, fauna e as historias que enriquecen os paisaxes galegas. Esta actividade, que promoven a práctica da actividade física ao aire libre, permitirá aos participantes gozar dunha conexión directa co medio ambiente.

As andainas forman parte da programación deportiva do Departamento de Deportes do Concello de Betanzos, que busca incentivar a práctica de actividades físicas entre a poboación.

As rutas programadas para este outono son:

  • Ruta “A Capelada, camiño a Santo André de Teixido”: Programada para os domingos 3 e 10 de novembro, cun percorrido de aproximadamente 12 km e dificultade baixa-media.
  • Ruta “Alto das Fragas do Eume: as fragas a vista de paxaro”: Esta andaina realizarase os domingos 17 de novembro e 1 de decembro, cunha distancia de 13 km e dificultade media.

A inscrición para participar na actividade terá un custo de 15 euros por andaina. A preinscrición para a primeira ruta comezará o venres 25 de outubro ás 10:00 horas a través do formulario dispoñible na web do Concello de Betanzos e rematará o luns 28 de outubro ás 14:00 horas, ou ata que se esgoten as prazas. A confirmación das prazas realizarase o luns 28, e o pagamento deberá efectuarse o martes 29 ou mércores 30.

Para a segunda ruta, “Alto das Fragas do Eume”, o prazo de inscrición abrirá o xoves 7 de novembro ás 10:00 horas e pecharase ao esgotarse as prazas, deixando en lista de espera a aquelas persoas que non consigan un lugar.

Cada andaina contará con 50 prazas, e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Betanzos. A participación deberá ser confirmada polo Departamento de Deportes unha vez verificado o padrón municipal e tras aboar a taxa de 15 euros por persoa na Oficina Virtual Tributaria.

As saídas están programadas para as 09:00 horas en autobús desde o cantón Claudino Pita, co traslado ao destino, realización da andaina interpretativa guiada e regreso a Betanzos arredor das 17:00 - 18:00 horas. Os participantes deberán levar o seu xantar (bocadillos, bebida, froita, etc.) nunha mochila pequena, así como roupa e calzado adecuados, especialmente se se prevé choiva.

Os menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable. Para máis información, os interesados poden contactar co Departamento de Deportes no teléfono 981 770 100.

Cartel-Senderismo-OUTONO_24_WEB-scaled
0.1465699672699