Betanzos lanza o Concurso de Carteis de Nadal 2024 para alumnos de infantil e primaria

ACoruñaXa
O cartel gañador ilustrará o programa de festas e recibirá un premio en material didáctico
betanzos navidad 2024 concurso
11 Nov 2024

O Concello de Betanzos abriu a convocatoria do Concurso de Carteis de Nadal 2024, dirixido a todo o alumnado de educación infantil, primaria e con diversidade funcional do municipio. O obxectivo é estimular a creatividade e implicación dos máis pequenos nas celebracións do Nadal. O motivo dos carteis debe estar relacionado con estas datas, e os traballos deben realizarse nunha cartolina de 40x30 cm, admitíndose calquera técnica artística. Ademais, o idioma do cartel deberá ser o galego.

Cada participante poderá presentar un único cartel, de maneira individual ou en grupos de ata tres persoas. Os traballos deberán presentarse sen identificación visible; só no reverso aparecerán o nome da autora ou autor e o centro educativo ao que pertence. O prazo de presentación finalizará o 30 de novembro de 2024, e os carteis serán expostos na Biblioteca Municipal de Betanzos ata o 10 de xaneiro de 2025.

Un xurado composto por representantes do Concello e dos centros de ensino locais seleccionará o cartel gañador. Este deseño ilustrará o programa das festas de Nadal e Aninovo, e o seu creador ou creadora recibirá un premio en material didáctico. Ademais, o fallo do xurado será inapelable e publicarase nos medios de comunicación municipais.

Concurso-Carteis-Nadal-24-WEB-Bases_page-0001
0.16728115081787