Betanzos lanza a campaña 'Nós tamén sentimos vergoña' concienciando sobre os excrementos de mascotas na rúa

ACoruñaXa
O Concello reforza a campaña con carteis e folletos para lembrar as obrigas das persoas propietarias de cans
cans betanzos
6 Nov 2024

O Concello de Betanzos puxo en marcha novamente a campaña 'Nós tamén sentimos vergoña' para sensibilizar ás persoas propietarias de mascotas sobre a necesidade de manter as rúas limpas. O lema, acompañado da imaxe dun can, serve de recordatorio das obrigas que teñen os donos para evitar os excrementos nas rúas.

Segundo explicou o concelleiro de Servizos, Andrés Hermida, aínda que a maioría dos propietarios cumpren coa recollida dos excrementos, segue habendo algúns que non o fan, o que xera molestias para os veciños. A campaña inclúe a colocación de carteis e a distribución de folletos en diferentes momentos do día, coa colaboración de Protección Civil. Estes folletos tamén estarán dispoñibles en locais de coidado de mascotas, como clínicas veterinarias e tendas de alimentos para animais.

Os folletos detallan as principais obrigas dos donos: recoller sempre os excrementos, pasear con correa, usar boceira se é necesario, e velar pola hixiene e saúde do animal. Ademais, no caso das razas potencialmente perigosas, será obrigatorio contar con microchip e os rexistros necesarios.

As sancións para quen incumpran estas normas oscilan entre 100 e 500 euros, cun posible incremento en caso de reincidencia.

 

 

0.20106911659241