Betanzos homenaxea os 150 anos do Globo de San Roque cunha exposición especial

A tradición máis emblemática das festas de San Roque en Betanzos será protagonista dunha nova mostra expositiva organizada con motivo do 150 aniversario do primeiro Globo lanzado por Claudio Pita Pandelo. A exposición leva por título “Globo de Betanzos, Estrela Fugaz” e inaugurarase o luns 4 de agosto ás 20.30 horas na sala Jesús Núñez do Edificio Arquivo.
A alcaldesa, María Barral, convidou á veciñanza a achegarse a esta proposta cultural e festiva que rende tributo a un símbolo fundamental da identidade local. “Animo a todos os betanceiros e betanceiras a gozar dela”, afirmou.
A mostra busca poñer en valor a historia e o significado desta singular tradición, que cada ano enche de emoción o ceo de Betanzos e o corazón da súa xente.