Betanzos homenaxea a Rosalía de Castro cun obradoiro de 'Rap con Rosalía'

ACoruñaXa
A programación destinada á rapazada do Concello de Betanzos levarase ao cabo durante esta semana en centros educativos de secundaria
Cartel do obradoiro 'Rap con Rosalía'
19 Feb 2024

O Concello de Betanzos conmemora o Día de Rosalía de Castro cunha programación destinada a todos os públicos que terá como broche de ouro a Homenaxe 'Rosalía, pensando en ti' que se prepara para este venres 23 de febreiro ás 19.00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns e que contará coa participación do alumnado de todos os centros de ensino betanceiros, así como diversas asociacións de ámbito local.

Entre a programación destinada á rapazada o Concello de Betanzos programou o de 'Rap con Rosalía' por conta da Vella Escola que terán lugar hoxe, luns 19 de febreiro e mañá, martes 20 de febreiro, no IES Francisco Aguiar, no IES As Mariñas e no CPR Nosa Señora do Carme 'Atocha'.

Coas sesións do obradoiro 'Rap con Rosalía' A Vella Escola ofrece unha proposta lúdica para o alumnado de secundaria con estes obradoiros de rap en lingua galega nos que se traballa con textos de Rosalía e sobre temáticas que a escritora aborda nas súas poesías e que están especialmente dirixidos para a mocidade a través dunha proposta lúdica e divertida para os mozos e mozas na que se traballan recursos didácticos para aprender a escribir e interpretar rimas, así como temáticas de interese para a mocidade combinadas con diferentes textos e poesías de Rosalía.

0.18190789222717