Betanzos dedica a campaña do 25N ás vítimas da violencia vicaria

ACoruñaXa
O Concello busca a colaboración do tecido local para sensibilizar á poboación sobre esta grave forma de violencia
25N Betanzos
8 Nov 2024

O Concello de Betanzos lanza a súa campaña anual contra a violencia de xénero para o 25N, centrando este ano a súa mensaxe na violencia vicaria, unha forma de violencia que utiliza aos menores para causar dano á parella ou ex-parella. Nos últimos tempos, este tipo de violencia experimentou un aumento significativo, o que motiva o Concello a poñer especial énfase nesta problemática.

Para reforzar a campaña, Betanzos busca a colaboración do tecido local: comercios, locais de hostalaría, empresas, centros educativos e asociacións da contorna están convidados a sumarse para amosar unha fronte común contra a violencia de xénero.

A administración proporcionará materiais de sensibilización a cada entidade que participe, co obxectivo de crear conciencia entre a poboación sobre a importancia da igualdade e a unidade fronte á violencia vicaria. O período de inscrición para sumarse a esta iniciativa abrirá o martes 5 de novembro e rematará o martes 12 de novembro. Os establecementos interesados poderán inscribirse chamando aos Servizos Sociais do Concello (981 770 707) ou a través da seguinte ligazón habilitada para a inscrición en liña.

0.20166516304016