Betanzos cortará o tráfico en varias rúas o domingo debido a unha proba de patinaxe de velocidade
O Concello de Betanzos informa de que manterá cortadas ao tráfico varias rúas da cidade o vindeiro domingo, día 7, coincidindo coa celebración dunha proba de patinaxe de velocidade.
A competición, na que participarán máis de 400 patinadores e patinadoras, terá lugar desde as 9.30 horas na zona do Carregal, onde permanecerán cortadas as rúas, incluídas a avenida Fraga Iribarne.
A última volta da proba, prevista entre as 11.30 horas e as 12.00 horas pola organización, afectará a máis zonas da cidade posto que discorrerá entre o Carregal, a rotonda das Cascas, a avenida Jesús García Naveira, Linares Rivas para terminar na praza García Irmáns, onde estará instalada a meta.
Neste caso, e durante esa media hora a rúa polas que vaian pasando os e as deportistas iranse pechando ao tráfico.