Betanzos celebrou este luns a Xunta Local de Seguridade

ACoruñaXa
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou a incorporación de Betanzos ao sistema VioGén, xa que “é unha ferramenta clave para conseguir unha sociedade xusta e libre de violencia machista”
Imaxe da Xuntanza de Seguridade celebrada este luns en Betanzos
26 Feb 2024

Betanzos celebrou este luns pola mañá a Xunta Local de Seguridade en Betanzos, na que abordaron diferentes temas relativos á seguridade cidadá, con especial atención á protección de vítimas de violencia de xénero. A reunión estivo presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu xunto coa alcaldesa do municipio, María Barral.

Durante a xuntanza, María Rivas e a alcaldesa de Betanzos analizaron os datos proporcionados polo sistema de protección de vítimas VioGén na provincia da Coruña, na que os sistemas policiais incorporados a VioGen rexistraron 2.187 casos activos de violencia de xénero.

A subdelegada sinalou que “todas e cada unha das vítimas constitúen unha razón para seguir traballando sen descanso nesta materia” e que é necesaria “a colaboración e coordinación por parte de todas as institucións implicadas na protección de vítimas de violencia de xénero para garantir a protección de todas as mulleres que sofren ou sufriron algún tipo de violencia de xénero, e das súas familias”.

Neste sentido, a subdelegada manifestou a súa satisfacción pola próxima incorporación da Policía Local do concello de Betanzos ao sistema VioGén, xa que “é unha ferramenta clave para conseguir unha sociedade xusta e libre de violencia machista”. Nesta mesma liña, María Rivas animou a todos os concellos da provincia con Policía Local a sumarse ao sistema VioGén, como xa o fixeron na provincia da Coruña 21 concellos, máis 3 que se encontran en proceso de inclusión. Tamén destacou que xa son 39 os que contan con Mesas de Coordinación Interinstitucional na provincia.

Tamén María Rivas quixo lembrar que o Concello de Betanzos recibiu dende o ano 2018 a cantidade de 37.722,16 euros no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para o desenvolvemento de actividades para a prevención e sensibilización nesta materia.

Na reunión, María Rivas e a alcaldesa tamén trataron temas relativos á seguridade cidadá e a eficacia policial. A subdelegada do Goberno destacou que a taxa de criminalidade do municipio encóntrase case tres puntos por debaixo da media nacional, que se sitúa no 49,0 e, no relativo ao traballo realizado polas Forzas e Corpos de Seguridade ao longo do ano 2023, sinalou que o nivel de esclarecementos mellorou en case 2 puntos.

Nesta mesma liña, ambas acordaron seguir impulsando a coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local para avanzar na seguridade do concello.

Plan Director para a Convivencia nos Centros Educativos

María Rivas aportou datos sobre a incidencia do Plan Director para a Convivencia Escolar do Ministerio do Interior, no que participaron todos os 4 centros educativos de Betanzos.
Neste sentido, María Rivas expresou a súa satisfacción pola boa acollida durante o 2023 de modo que en todos os centros educativos desenvolvéronse actividades do Plan Director nos que participaron 1.378 persoas entre alumnado, profesorado e familias.

O Plan Director para a Convivencia Escolar realizou 95 actividades, das que 22 serviron para abordar temas relacionados co acoso escolar, 19 co uso de novas tecnoloxías, 13 que se centraron na violencia de xénero e a igualdade e 7 co consumo de sustancias como drogas e alcol.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18936395645142