Betanzos celebra o Día das Letras Galegas cun concerto o domingo 5 de maio

ACoruñaXa
O Arquivo en Betanzos acollerá un concerto polo Día das Letras Galegas por conta de diversas agrupacións da Escola Municipal de Folclore
Imaxe do cartel do concerto polo Días das Letras Galegas en Betanzos
Imaxe do cartel do concerto polo Días das Letras Galegas en Betanzos
4 may 2024

O vindeiro domingo 5, ás 20.00 horas na Sala Xulio Cuns do edificio do Arquivo en Betanzos terá lugar o concerto polo Día das Letras Galegas por conta de diversas agrupacións da Escola Municipal de Folclore (EMuF).

Esta actividade forma parte do programa das Letras Galegas promovido polo Concello de Betanzos.

Dentro do programa actuarán as seguintes formacións musicais da escola: a Agrupación EMuF, a Agrupación Azougue, a Agrupación Untia, as Pandereteiras do Grupo Azougue e as Pandereteiras da Porta da Vila.

Orde de actuación de programa:

  1. Agrupación EMuF: muiñeira das paradas e pasarrúas do Seixal
  2. Pandereteiras da Porta da Vila: xota e Muiñeira de Camariñas e pandeiretada de Monzo)
  3. Agrupación Untia: Coruña e o Vinde xa
  4. Grupo Azougue: foliada dos Perilláns e pasodobre corrido
  5. Pandereteiras do Grupo Azougue: Ruada en Vilar de Cabeiras e Serán en Toutón
  6. Agrupaicón EMuF & grupo Azougue: xota de Sobrado dos Monxes
  7. Agrupación Untia: pasacorredoiras mariñán, E se mo deches foi no muíño e Adiós, Ramiro
  8. Agrupación EMuF & Grupo Azougue & Untia: rumba de Seivane
CartelConcertoLetrasGalegas24_WEB-scaled