Betanzos acolle esta fin de semana o Campionato galego de patinaxe de velocidade en circuíto

ACoruñaXa
Dentro dos deportistas participantes, atópanse persoas da elite do patinaxe a nivel mundial en diferentes categorías
Imaxe do cartel do campionato galego de patinaxe de velocidade en circuito
Imaxe do cartel do campionato galego de patinaxe de velocidade en circuito
11 abr 2024

Esta fin de semana Betanzos acolle, nas súas instalacións situadas no velódromo que rodea o campo de fútbol García Irmáns, o campionato galego de patinaxe de velocidade en circuíto 2024.

Este evento, que terá lugar o vindeiro sábado 13 e domingo 14 de abril, acollerá a máis dun cento de patinadores e patinadoras, dende a categoría mini (5 anos) ata a categoría máster (onde atopamos a patinadores e patinadoras de máis de 60 anos).

Dentro dos deportistas participantes, atópanse persoas da elite do patinaxe a nivel mundial, contando cun xuvenil que a pasada fin de semana vén de proclamarse campión dunha xornada da copa de Europa en Portugal, así como tamén a dous campións do mundo da categoría sénior (categoría elite).

Deste xeito, Betanzos será a sede desta nova edición do campionato galego, e acollerá a un total de 136 deportistas e os seus clubs, familias, persoal da Federación galega de patinaxe, etc… polo que será un evento moi vistoso e atractivo.

Dende o Concello de Betanzos  agardan que as xornadas teñan o éxito que merecen, e que todos os e as participantes sintan a Betanzos como a súa casa, onde practicar o deporte que tanto lles gusta.

campionato