Betanzos abre este venres 10 de maio as inscricións do campamento de verán Betanzos Concilia 2024

ACoruñaXa
Poderán realizar a solicitude as familias de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, nacidos entre 2012 e 2020
Imaxe recurso deportes
9 Maio 2024

Un ano máis o Concello de Betanzos organiza o campamento de verán Betanzos Concilia, co obxectivo de fomentar a conciliación das familias betanceiras no período estival de 2024.

Neste sentido, o campamento desenvolverase nas dependencias do CEIP Francisco Vales Villamarín en tres quendas diferenciadas; a primeira do 24 de xuño ao 5 de xullo, a segunda do 8 ao 26 de xullo, e a terceira do 29 de xullo ao 14 de agosto.

Como novidade, este ano amplíase o horario, de 08.00 a 15.00 horas. A entrada poderá realizarse ás 08.00 ou ás 09.00, e a saída ás 14.00 ou ás 15.00 horas.

O número de prazas ofertadas por quenda é de 60, tendo preferencia quen se encontre empadroado/a no municipio brigantino. A cota de participación por quenda e menor non se incrementa, sendo de 50 euros.

Poderán realizar a solicitude as familias de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, nacidos entre 2012 e 2020. O prazo de inscrición estará aberto dende o venres 10 de maio ata o venres 24 de maio, incluído.

As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos. As persoas que acrediten que non contan cós medios necesarios para realizalo por esta vía, poderán realizala solicitude de xeito presencial nas dependencias dos Servizos Sociais durante todo o prazo de inscrición.

cartaz-campamento-24-scaled
0.16763401031494