Betanzos abre este mércores o prazo de solicitude de autorizacións para as lumeiradas de San Xoán e de San Pedro
O Concello de Betanzos abre o prazo de solicitude de autorización para a realización de lumeiradas de San Xoán e de San Pedro que teñan lugar en zonas públicas do mércores, 5 de xuño, ata o xoves 20 de xuño.
Neste sentido, as persoas interesadas deberán pedir autorización a través da sede electrónica do Concello a través da solicitude xeral ou premendo no seguinte enlace.
As persoas responsables deberán cumprir as seguintes condicións: non está permitido ocupar a vía e impedir a circulación dos vehículos; deberá manter no mellor estado posible a vía pública; a celebración deberá finalizar, como máximo, ás 02.00 horas; deberá respectar o límite de decibeles na normativa vixente; e, en todo momento debe seguir as indicacións da Policía Local.
Doutra banda, o Concello de Betanzos habilita un rexistro para a realización de lumeiradas en lugares privados na páxina web do Concello novas.betanzos.gal a partir do día 5 de xuño.