Bergondo rende homenaxe a Xoán Vicente Viqueira no centenario do seu falecemento

ACoruñaXa
O acto é parte das celebracións que o Concello de Bergondo está levando a cabo durante o ano 2024 para honrar a figura de Xoán Vicente Viqueira
Imaxe da homenaxe en Bergondo
29 Ago 2024

O Concello de Bergondo celebrou este xoves 29 de agosto un emotivo acto en homenaxe ao escritor Xoán Vicente Viqueira, no centenario do seu falecemento, que tivo lugar o 29 de agosto de 1924. Algúns membros da corporación local realizaron unha ofrenda floral no monumento erixido en honor ao autor no cemiterio da parroquia bergondesa.

Este acto é parte das celebracións que o Concello de Bergondo está levando a cabo durante o ano 2024 para honrar a figura de Xoán Vicente Viqueira, a quen se lle dedica este ano en recoñecemento á súa contribución á literatura galega.

 

 

 

 

0.17687797546387