Bergondo pacta con Telefónica mover a torre 5G prevista en Rois para reducir o seu impacto

ACoruñaXa
O Concello logra frear a instalación na ubicación inicial, cuestionada pola veciñanza do Casal, e acorda un novo emprazamento que afasta a infraestrutura das vivendas
antena 5g
28 Jan 2026

A torre de telefonía móbil duns 30 metros proxectada nas proximidades das casas do lugar do Casal, en Rois (Bergondo), non se instalará finalmente no punto previsto. O Concello de Bergondo pechou un acordo con Telefónica para trasladar a infraestrutura a unha nova localización, logo do traballo municipal para paralizar a actuación no seu emprazamento inicial.

A polémica arredor desta antena estalou o pasado mes de xullo, cando a veciñanza se mobilizou e impulsou unha recollida de sinaturas ao considerar que a torre suporía un forte impacto paisaxístico e unha afección directa sobre as vivendas próximas. Dende o goberno local sinalan que o procedemento era complexo, xa que a instalación era legal no lugar inicialmente escollido.

Segundo explicou o concelleiro de Urbanismo e voceiro de Alternativa, Juan Fariña, o Concello mantivo o apoio ás persoas afectadas e traballou para atopar unha saída viable. A nova localización, consensuada coa operadora, sitúase nunha zona que minimiza a incidencia sobre as casas e sobre o contorno, atendendo ás demandas veciñais e compatibilizando a cobertura do servizo coa protección do territorio.

⚙ Configurar cookies
0.075834035873413