Bergondo mellora o acceso e a iluminación do local social de Vixoi

ACoruñaXa
Os traballos eliminarán o chanzo dunha das entradas, ampliarán as beirarrúas ata os 2 metros de ancho e instalarán novas luminarias con temporizador na grellada e o parque infantil
Imaxe das obras no acceso ao local social de Vixoi
25 Abr 2024

O Concello de Bergondo informa de que recentemente puxéronse en marcha as obras para a mellora da accesibilidade e a iluminación no local social de San Fiz, na parroquia de Vixoi, unha actuación que conta cun orzamento total de 23.535,89 euros.

O proxecto foi unha das propostas elixidas dentro do proceso de selección dos Orzamentos Participativos do ano 2023, e foi presentada pola Asociación de Veciños de Vixoi.

O local social conta con dúas portas de acceso, unha para cada unha das estancias nas que se subdivide no seu interior. A principal xa dispón de acceso adaptado a persoas con mobilidade reducida, pero a outra presentaba un chanzo sobre a beirarrúa.

Para paliar este problema e permitir o acceso fácil a todo o local está a instalarse unha rampla que salve o desnivel existente. Ademais, como medida complementaria, aumentarase o ancho das beirarrúas ata os 2 metros, facilitando a maniobrabilidad para persoas que vaian en cadeira de rodas e cambiando o pavimento por outro que reduce o risco de resbalones.

No referido ás melloras na iluminación, cambiaranse as luminarias por unhas dotadas de pulsadores con temporizador na zona da grellada e na do parque infantil para permitir o uso destas instalacións cando se reduza a visibilidade.

0.18575096130371