Bergondo licita por preto de 350.000 euros a mellora de 21 camiños en oito parroquias do municipio

ACoruñaXa
O proxecto de renovación viaria inclúe o asfaltado e a limpeza de marxes en máis de cinco quilómetros de accesos locais
BERGONDO camiños
29 Jun 2026

O Concello de Bergondo sacou a licitación un novo proxecto de renovación de infraestruturas viarias cun investimento de 347.463 euros destinados a optimizar as comunicacións da contorna rural mediante o asfaltado dun total de 21 camiños municipais.

Os traballos que contan coa cofinanciación da Deputación da Coruña a través do Plan Único suporán a mellora de 5.167 metros de calzada repartidos estratexicamente entre os núcleos de Ouces, Lubre, Bergondo, Moruxo, Santa Marta, Rois, Vixoi e Guísamo contemplando ademais do estendido da capa de rodadura a limpeza das marxes das vías para mellorar a visibilidade e a seguridade viaria dos residentes.

As actuacións viarias concentraranse de forma progresiva en diferentes puntos do termo municipal como Silvoso, Tatín, o acceso de Dornas a Sada, San Cidre, Fiobre, o tramo de Fiobre a Montecelo, de Montecelo a Mariñán, Casal Norte, Casal Sur, Rois, Pisón, Baldomir, o traxecto desde A Feira a Baldomir, A Brea, San Paio, Trasdoval, Vixoi, Pedras Blancas, de A Campiña a Guinlle e o enlace de Armuño ao Espírito Santo dentro dun plan continuo do goberno local que prevé licitar novas intervencións similares nas vindeiras semanas.

0.12248492240906