Belén Docampo é a nova delegada da Xunta na Coruña

ACoruñaXa
A noticia chega despois de que Rueda anunciase os 12 conselleiros desta nova lexislatura fai unha semana
Imaxe de Belén Docampo a delegada da Xunta na Coruña
22 Abr 2024

Este luns 22 de abril o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a reconfiguración do seu novo Goberno. Neste sentido, Rueda desvelou os nomes dos novos delegados territoriais da Coruña e Ourense, pois en Lugo, Ferrol, Pontevedra e Vigo, se manteñen as mesmas figuras.

Así, Belen Docampo pasa a ocupar o posto da Coruña e Manuel Prado o fará en Ourense. A noticia chega despois de que Rueda anunciase os 12 conselleiros desta nova lexislatura fai unha semana. Desde xeito, Rueda fixo pública este luns a lista de cambios nas delegacións territoriais do executivo galego  e nas secretarías xerais.

Todos eles tomarán posesión ao longo desta semana. Ademais, os delegados territoriais pasarán a depender directamente da Presidencia. Belén do Campo será a Delegada Territorial na Coruña. A popular foi deputada no Congreso entre 1992 e 1996. Tamén, estivo como senadora dende 1996 ata o 2008, cando volveu a obter a acta de deputada no Congreso ata xuño de 2011. Ano no que dimitiu para ser designada delegada territorial na provincia da Coruña.

Por outra banda, tamén foi no 2012 deputada no Parlamento Galego, ata que volveu a renunciar en decembro de 2012 para retomar o papel de delgada territorial pola provincia da Coruña.

No 2015 pasou a ser directora Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e directora do Fondo Galego de Garantía Agraria dentro da Consellería de Medio Rural ata outubro de 2015.

 

0.17702007293701