Barry B e Vera Fauna levan hoxe Noites do Porto ao peirao de Batería

ACoruñaXa
O festival abre ás 21.00 horas o seu escenario principal e estrea antes a cápsula Noites nos Bares en Rosmón Burger
A CORUÑA Barry B
26 Jun 2026

Noites do Porto traslada hoxe venres 26 de xuño a súa programación ao peirao de Batería da Coruña co dobre concerto de Barry B e Vera Fauna, dúas das propostas máis destacadas da escena alternativa estatal. As portas do recinto abrirán ás 21.00 horas.

A xornada comezará antes, ás 19.30 horas, en Rosmón Burger coa estrea de Noites nos Bares, unha nova cápsula do festival pensada para dinamizar locais hostaleiros da cidade con sesións musicais. A primeira cita estará protagonizada por Lotta DJ Selector, cunha selección de garage, punk rock e neo-psicodelia.

O local ofrecerá tamén a NDP Burger, unha hamburguesa exclusiva creada polo chef Adrián Felípez para o festival, con pan brioche, carne de vaca madurada ao estilo Oklahoma, bacon crispy, salsa Bourbon & Pepper, dobre queixo cheddar e cogombro.

Xa no peirao de Batería, Barry B presentará a súa mestura de rap, electrónica, rock e pop, mentres que Vera Fauna achegará o seu pop alternativo con sons de neopsicodelia, lo-fi e referencias ao costumbrismo andaluz. A banda sevillana interpretará temas do seu novo disco, Dime dónde estamos, ademais de cancións de traballos anteriores.

0.13244414329529