Axenda electoral para este sábado 3 de febreiro na provincia
A axenda electoral a fin de semana do 3 febreiro na provincia da Coruña: onde, hora e partidos
Sábado 3 de febreiro
PP
Sen actos na provincia da Coruña. O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, participa xunto ao presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e xunto ao expresidente do Goberno e presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, no mitin central de campaña do Partido Popular de Galicia na Praza de Touros de Pontevedra. Dá a benvida ao acto a candidata número tres pola provincia de Pontevedra, María Martínez.
PSdeG
Cabanas
11.00 horas: manifestación Fragas do Eume.
Ribeira
14.00 horas: Xantar comarcal no que estarán presentes Patricia Iglesias, Julio Abalde, Silvia Longueira, Aitor Bouza, Fabián Canosa, Laura Requejo, Iago Carril, María Outeiral, Óscar Rial.
Malpica
19.30 horas: Mitin no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños. Intervirán o voceiro local Walter Prado, o líder dos socialistas galegos Valentín Gonzalez Formoso e cabeza de lista na provincia Patricia Iglesias e o número 2, Julio Abalde.
As Pontes de García Rodríguez
19.30 horas: xuntanza AAVV Cal de Avelaiña. Participan Montse García Chavarría e candidatos da comarca.
BNG
Santiago de Compostela
A portavoz nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, mantén un encontro con persoas maiores no que presentará as propostas da súa organización para unha vellez digna Hotel OCA
Cerceda
12.00: Mitin vermú de Mercedes Queixas, xunto as candidatas Iria Taibo e Beatriz Perez.
SUMAR
Ferrol
12.00: Mitin de Marta Lois, candidata de Sumar á Xunta, acompañada da líder do partido, Yolanda Díaz, Jorge Suárez, exalcalde de Ferrol e número 7 pola Coruña e Íñigo Errejón, portavoz no Congreso.
VOX
Ribeira
12.30: O líder de VOX, Santiago Abascal, ten prevista unha visita ao mercado Municipal de Ribeira, onde se reunirá con representantes do sector da pesca e do marisqueo.