Axenda electoral para este martes 6 de febreiro na provincia
A axenda electoral para o martes 6 de febreiro na provincia da Coruña: onde, hora e partidos
PP
Ferrol
9.30: o presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nun almorzo coa sociedade ferrolá, onde será presentado polo alcalde José Manuel Rey Varela.
A Coruña
11.30: Alfonso Rueda visita as instalacións do complexo deportivo La Solana.
Santiago de Compostela
17.00: a pé na rúa. Encontro na praza do Toural para falar coa veciñanza.
19.00: debate mozo no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Interven Nicole Regueira de NNXX Galicia.
PSdeG
Ribeira
10.00: canutazo no Hospital de Ribeira. Interveñen Francisco Suárez Puertas, voceiro municipal e María Outeiral, candidata número 7 pola provincia da Coruña.
Santiago de Compostela
10.00: xuntanza coa Fundación Dano Cerebral. Participan Patricia Iglesias, número 1 pola provincia, Julio Torrado, deputado no Parlamento Galego e Aitor Bouza, número 4 da lista.
11.00: reparto de Xuventudes Socialistas Biblioteca Concepción Arenal USC. Participan Aitor Bouza, o número 4 e Patricia Iglesias, a número 1.
12.30: sinatura do programa mozo. Arranca Besteiro Directo cun encontro con mozos nun piso de estudantes e a sinatura do Programa Mozo entre o candidato do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e Xuventudes Socialistas de Galicia. Na Rúa da Rosa, 29.
13.00: xuntanza no campus Sur da USC. Asiste o cabeza de lista xeral José Ramón Besteiro; a número 1 pola Corula, Patricia Iglesias e Aitor Bouza o número 4.
17.30: Silvia Longueira, candidata número 3, participa no Centrosociocultural Maruxa e Coralia nun debate de pensionistas.
18.30: Julio Abalde, o número 2, participa no Campus Sur da USC nun debate da Real Academia da Ciencia.
19.00: debate mozo no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Interven Xurxo Doval de Xuventudes Socialistas de Galicia.
A Coruña
10.30: Valentín González Formoso, reúnese co Clúster do audiovisual galego para abordar os avances no proxecto do plató virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI) na sede da Deputación, xunto ao novo reitor da UDC, Ricardo Cao e Julio Abalde, o número 2 pola provincia.
18.30: mitin no Palexco con o expresidente José Luis Rodríguez Zapatero, José Ramón Besteiro, Patricia Iglesias e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
Baio
11.00: reparto en Baio con Fabian Canosa Pasantes, o número 6.
Oleiros
12.00: reparto na Feira de Oleiros. Asisten Montse García Chavarría, número 5; Silvia Longueira, número 3 e Jesús Fernández, concelleiro socialista en Oleiros. Punto de encontro no bar la Catedral.
Boiro
12.00: visita ao mercadillo de Boiro. Asiste a número 7, María Outeiral.
19.00: debate mozo no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Interven Marta Gómez de Galiza Nova.
Ribeira
20.00: mitin na Carpa Municipal de Ribeira. Interveñen Ana Pontón, candidata á Xunta; Luís Pérez, alcalde de Ribeira; Carlos Callón, candidato do BNG e Rosana López, deputada e candidata do BNG.