Axenda electoral para este domingo 4 de febreiro na provincia
A axenda electoral para o domingo 4 febreiro na provincia da Coruña: onde, hora e partidos
PP
A Coruña
Alberto Nuñez Feijóo almorza na Coruña coa agrupación local do partido na cidade. Tamén visita a sede na cidade da Asociación Española contra o Cancro.
Paiosaco
Diego Calvo, número 1 da lista pola Coruña, visita xunto a Miguel Tellado, portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados, o mercado de Paiosaco.
Nesta xornada os eventos do partido concéntranse na Provincia de Pontevedra.
PSdG
Santiago de Compostela
12.00: Manifestación SOS Sanidade Pública, asiste o candidato socialista José Ramón Besteiro.
Melide
12.00: Feira de Melide.
Carnota
17.30: Valentín González Formoso visita xunto ao Ministro de Presidencia, Xustiza e Relación coas Cortes, Félix Bolaños á Praia de Carnota.
Cee
19.00: Mitin en Cee na Casa da Cultura, no que estarán presentes a alcaldesa, Margarita Lamela; o secretario xeral do PSdeG e presidente provincial, Valentín González, a candidata número 1 pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias e o Ministro de Presidencia, Xustiza e Relación coas Cortes, Félix Bolaños.
BNG
Santiago de Compostela
12.00: Manifestación SOS Sanidade Pública
Carballo
13.00: Galiza Nova de Bergantiños organiza un vermú coloquio coa presenza de Daniel Pérez, número 5 e Carolina Castiñeiras, número 14.
Narón
19.00: Mitin no Hotel Valcarce. Estarán presentes a número 2 pola Provincia da Coruña, Mercedes Queixas; Ánxel Rial, candidato de Narón; Mon Fernández, deputado no Parlamento galego e Ana Miranda, eurodeputada do BNG.