Avia Aveira: "O BNG non entende por que o Concello non poxa polos murais de Urbano Lugrís"

ACoruñaXa
Nun chío na rede social X, e dirixíndose á alcaldesa Inés Rey, Veira preguntase por que o Concello non poxa por este fresco do xenial artista coruñés
Mural de Urbano Lugrís na Coruña
22 Feb 2024

A concelleira do BNG na Coruña, Avia Veira, non entende por que o Concello non poxa polos murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos.

Nun chío na rede social X, e dirixíndose á alcaldesa Inés Rey, Veira preguntase por que o Concello non poxa por este fresco do xenial artista coruñés.

“370 millóns de orzamentos e non hai para poxar por uns murais dun pintor vangardista CORUÑÉS único”, apunta, crítica, Veira, quen a seguir sentencia: “O desprezo do Goberno Local da Coruña a respecto de Urbano Lugrís queda para a memoria”.

A catalogación destes murais como Ben de Interese Cultural (BIC) foi levada ao Parlamento galego pola deputada do BNG Mercedes Queixas e votada en contra polo PP.

"Agora que o Concello renuncia a se facer coa propiedade dos murais, a opción de que fosen adquiridos por unha administración pública sería moito máis doada de ter sido declarados BIC porque esta condición outorgaría á Xunta o dereito de retracto na poxa", concluíu a nacionalista.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17925214767456