Avanza a reconstrución do edificio derrubado na rúa Tui tras aprobarse a licenza
ACoruñaXa
A concesión de licenza abre o camiño para rehabilitar o inmoble de Monte Alto, que o Concello demoleu ante o risco de derrubamento
30 Oct 2024
A Xunta de Goberno Local da Coruña deu luz verde á concesión de licenza para a reconstrución do edificio situado no número 2 da rúa Tui, no barrio de Monte Alto. O Concello procedeu á demolición do edificio en xuño deste ano, logo de que o estado da estrutura, en mal estado, supuxera un perigo para a seguridade dos residentes da zona. A intervención municipal de execución subsidiaria foi necesaria debido á falta de mantemento por parte da propiedade.
Con esta aprobación, o Concello dá un paso máis na rehabilitación e seguridade de inmobles en situación de deterioro no municipio, cumprindo co compromiso de garantir a seguridade cidadá.