Avanza a bo ritmo o desbroce das pistas municipais asfaltadas no Concello de Curtis
ACoruñaXa
As tarefas de desbroce das pistas asfaltadas finalizarán antes do 15 de agosto e darán paso ao desbroce das pistas forestais
8 Xul 2024
O Concello de Curtis informa que as tarefas de desbroce das pistas municipais asfaltadas avanzan a bo ritmo. Segundo as previsións, espérase que estes traballos rematen antes do 15 de agosto. Posteriormente, iniciarase o desbroce das pistas forestais.
Dous traballadores municipais, utilizando dous tractores e dúas desbrozadoras de arrastre e lateral, están traballando diariamente para completar estas tarefas. Esta programación laboral lévase a cabo do mesmo xeito que nos últimos anos.