Atopan sen vida ao home de 76 anos desaparecido en Oleiros

ACoruñaXa
O corpo apareceu no concello de Sada, preto do punto limpo e no entorno da vía Ártabra, tras varios días de procura
OLEIROS desparecido
3 Jan 2026

O home de 76 anos que permanecía desaparecido desde o pasado martes en Oleiros foi localizado sen vida na mañá deste sábado no concello de Sada, segundo confirmaron fontes do operativo de procura.

O achado produciuse a arredor dun quilómetro do punto limpo de Sada, no entorno da vía Ártabra, tras centrarse nas últimas horas a busca na zona sadense, en especial na área de Meirás e nas proximidades do límite co termo municipal de Oleiros.

O desaparecido, que padecía Alzhéimer, fora visto por última vez á altura do número 20 da rúa Díaz Baliño, en Oleiros. Dende entón mantívose despregado un dispositivo coordinado pola Garda Civil, no que participaron tamén efectivos da Policía Local e no que se solicitou colaboración cidadá.

Dende a Garda Civil agradeceron a implicación de Axega e dos concellos de Oleiros e Sada, así como a axuda prestada pola veciñanza durante os días de procura.

⚙ Configurar cookies
0.081155061721802